Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
SALÓN DO CÓMIC DE BARCELONA

Alberto Vázquez, no 'star-system' da banda deseñada

A súa obra máis recente, El evangelio de Judas, acadou tres candidaturas, entre elas a de 'mellor obra', 'mellor guión', e 'mellor debuxo'.

Redacción - 11:43 14/03/2008

Naceu na Coruña en 1980 e despois de pasar pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra, completou a súa formación en Barcelona, na escola La Massana. Foi un dos fundadores co colectivo Polaquia e do Fanzine Enfermo. El Evangelio de Judas é o seu cuarto álbum, despois de Alter Ego, Freda e Psiconautas, e pode suporlle a consagración no star-system da banda deseñada do Estado. Alberto Vázquez está nominado a tres premios no Saló del Cómic de Barcelona, os tres máis importantes: mellor obra, mellor guión e mellor debuxo.

A obra está protagonizada por un esquío católico chamado Judas que procura un lugar no mundo. A historia é relatada con ironía e humor negro, coa presenza de numerosos personaxes secundarias, e en paralelo exprésanse moitos dos temas que interesan ao autor, como as sectas relixiosas, o proceso creativo, a crítica ou o mercado das propostas artísticas minoritarias.

Alberto Vázquez terá que competir polo premio ao mellor cómic do ano con Arrugas (Paco Roca), Bienvenido al mundo. Enciclopedia Universal Clismon (Miguel Brieva), Jazz Maynard (1) Home Sweet Home (Raule e Roger Ibáñez) e María y yo (Miguel Gallardo), sendo o autor máis novo entre todos os nominados. Os gañadores dos premios daranse a coñecer a noite do 18 de abril. Os galardóns están dotados con tres mil euros cada un.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: