Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
Co 99,9% ESCRUTADO

O PSdeG bate marcas nunhas xerais e o Bloque reaxe

A dereita logra 11 deputados, aínda que deixa no camiño case tres puntos (44,44%); os socialistas soben 2,4 puntos (39,55); e os nacionalistas manteñen con firmeza os dous representantes e subindo sete décimas (12,05).

Redacción - 00:43 10/03/2008

Velaquí a evolución do voto en Galiza nos últimos vinte anos, as sete citas coas urnas en eleccións xerais desde 1986:
Poden picar sobre a gráfica en cada un dos anos para ver os datos polo miúdo (número de votos, porcentaxes e escanos).



As eleccións xerais en Galiza debuxan un mapa con máis matices do que se poida pensar nunha primeira lectura. A dereita, aínda que resiste como forza máis votada, queda sen o deputado que por poboación perde o país e queda con 11 deputados. Os socialistas repiten os dez parlamentarios cos que xa contaban e o BNG mantén rexamente os seus representantes na Coruña e en Pontevedra. Mais os cambios porcentuais son substanciosos. Os conservadores, que a nivel estatal melloraron porcentualmente, siguen abaneando en Galiza, perdendo máis de 2,5 puntos (44,49%). Os socialistas consiguen os seus mellores resultados no país logo de subir 2,3 puntos (39,51%) e os nacionalistas consiguen rachar o forte bipartidismo que se debuxa a nivel estatal e manteñen os dous parlamentarios. Maís aló, o Bloque pode presumir de aumentar case sete décimas (12,06%).

As forzas que sosteñen o bipartito na Xunta suman o 51,56% dos sufraxios, tres puntos máis ca en 2004.

Así llo contou Vieiros

(23 horas) Co 85% escrutado
O PPdeG perde gas, o PSdeG sobe 2,5 puntos e o Bloque reaxe

A dereita cede tres puntos (44,15%) e un deputado (11); os socialistas aumentan 2,5 puntos (39,76% e 10 deputados) e o Bloque mantén os dous representantes subindo sete décimas (12,05).

(22.48) Co 57,08% escrutado
O Bloque aumenta medio punto en Galiza e conserva os dous deputados

O PPdeG cae máis de 3,5 puntos (43,67%) e perde un deputado e os sociaistas volven obter dez parlamentarios aumentando tres puntos.

(21.45) Co 42,42% escrutado
Todo queda igual, agás o PPdeG que queda sen o escano que perde Galiza

Os socialistas soben notabelmente (40,80) pero non son quen de desbancar a uns populares (43,34) que seguen perdendo votos. O Bloque mantén os dous e sobe catro décimas (11,7)

(21.35) Co 31,48% escrutado
O PPdeG sofre unha hemorraxia de votos e o Bloque mantén os dous deputados

O PPdeG cede catro puntos no país (43,15), o PSdeG sobe con forza (40,96) e o BNG mantén os dous deputados subindo catro décimas.

(21.15) Co 10,9% escrutado PPdeG, once deputados; PSdeG, dez; e o BNG mantén os dous
Os populares perden máis de tres puntos (43,85%), os socialistas soben case catro(40,61) e os nacionalistas aumentan lixeiramente (11,79).

(20.20)
As primeiras enquisas da TVG dan un empate técnico entre populares e socialistas en Galiza. O PPdeG estaría entre 10 e 12 deputados (41%); os socialistas entre 10-11 (40,9%); mentres o BNG mantería representante na Coruña e estaría pelexando polo de Pontevedra.


Toda a información no especial Xerais08


4,31/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: