 
 
Arredor de medio milleiro de persoas concentráronse ás 12:00 horas diante do concello, acompañados por políticos e representantes dos gobernos español e vasco. Ao termo
 
											Concentración deste sábado ao mediodía en Arrasate
Representantes dos gobernos español e vasco e dirixentes de todos os partidos agás de ANV secundaron a concentración convocada en Arrasate ás 12.00 horas para expresaren o seu rexeitamento a ETA e arroupar a familia de Isaías Carrasco, o ex concelleiro socialista asasinado este venres. 
Arredor de medio milleiro de persoas concentráronse ás 12:00 ante o concello. Dentro, no salón de plenos está instalada a capela ardente cos restos mortais de Carrasco, informa EiTB. 
Encabezaron a concentración familiares do ex edil asasinado, entre os que estaban a súa esposa e unha das súas fillas, Sandra. Ao termo, esta última leu un comunicado onde agradeceu o apoio do pobo de Arrasate, "o agarimo, apoio e calor que está a amosar a xente anónima coa miña nai e cos meus irmáns." 
"O meu pai morreu por defender a liberdade, a democracia e as ideas socialistas. Era un home valente que deu a cara e os que o mataron son uns covardes. Uns covardes sen collóns", dixo. Ademais, advertiu que non permitirán que o asasinato do seu pai sexa manipulado por ninguén. 
"Os que queiran solidarizarse coa nosa dor, que acudan masivamente a votar o domingo. Para dicirlles aos terroristas que non imos dar nin un só paso atrás", concluiu. 
Presenza institucional
O presidente vasco, Juan José Ibarretxe, e a vicepresidenta española, María Teresa Fernández de la Vega, participaron en representación de ambos os dous gobernos. 
Tamén asisten á concentración o presidente do PSOE, Manuel Chaves; a presidenta do PP vasco, María San Gil; o presidente do PNV, Iñigo Urkullu; o líder de Esquerda Unida, Gaspar Llamazares; o presidente de EA, Unai Ziarreta; e o secretario xeral de UXT, Cándido Mendez.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto