Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PODERÁN DESCARGARSE NA WEB DO CENTRO

O Ramón Piñeiro recupera cinco publicacións da diáspora galega en América

Trátase de 'Mundo Gallego', editada en Bos Aires, o mesmo que 'El Gallego', a mexicana 'Saudade', e as cubanas 'Galicia' e 'Bohemia'.

Redacción / EP - 09:49 06/03/2008

As cinco novas recompilacións xornalísticas do Centro Ramón Piñeiro aspiran a outorgar á cidadanía unha "valiosa contribución" para "comprender" aos galegos na diáspora e "recoñecer" o que "o que somos como país", en palabras da secretaria xeral de Política Lingüística da Xunta, Marisol López. As publicacións estarán dispoñíbeis en papel e en formato Dvd e, proximamente, poderán descargarse dende a páxina web do Centro Ramón Piñeiro.

Luís Alonso Virado, director do proxecto, describiu os valores de cada unha das cinco publicación, comezando por Mundo Gallego, creada nos anos 50 en Bos Aires por iniciativa de Eliseo Alonso. Nela atópanse "interesantes entrevistas" a Otero Pedrayo ou a Álvaro Cunqueiro, achegas ao mundo da pintura, con Laxeiro ou Mercés Ruibal, e pinceladas sobre literatura. Pola súa banda El Gallego (1879-1880) foi pioneiro na prensa galega en Arxentina e contou co impulso de César Cisneros. Ademais, "foi o feito que promocionou" a creación do Centro Galego da capital porteña.

A seguir, o director do proxecto presentou Saudade, unha revista que dende México divulgou a lingua galega, e está editada practicamente ao cento por cento no idioma. Virado salientou que ten "textos excelentes e notábeis colaboracións en verso", aínda que precisou que "peca" na ilustración. Virado subliñou que é o precedente de Vieiros, que si conta cunha "magnífica" expresión gráfica.

Finalmente, Galicia, fundada na Habana, é unha das "tres grandes cabeceiras" da diáspora, constituíndo en 1904 e 1905 un precedente da Real Academia Galega. Para rematar, a tamén cubana Bohemia, que cumpre este ano o seu centenario, é un número ilustrado que conta con máis de 200 fotos sobre o Centro Galego da Habana.


3,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: