Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
RUÍZA DE SAMANIEGO TOMA POSESIÓN COMO DIRECTOR

A Fundación Seoane presenta a súa programación para 2008

Entre as mostras previstas para os vindeiros meses, destaca a que recuperará o álbum de 'Homenaxe á Torre de Hércules' con corenta debuxos do propio Seoane.

Redacción - 11:00 01/03/2008

Alberto Ruíz de Samaniego presentouse oficialmente como novo director da Fundación Seoane da Coruña e puxo en marcha o novo proxecto para o museo. Nos vindeiros meses, entre marzo e setembro, poderanse ver varias mostras e exposicións, comezando por unha que recuperará obras do propio Seoane.

Aproveitando a candidatura da Torre de Hércules, a fundación recuperará os 40 orixinais do álbum ilustrado debuxado por Luis Seoane titulado Homenaxe á Torre de Hércules. Ademais, outra exposición realizará unha análise da fotografía de Alberto Korda, autor da imaxe máis célebre do Che Guevara. Outra mostra documental investigará os diferentes límites xeográficos do Atlántico, e outra recollerá o arquivo fotográfico dos irmáns Vargas. Finalmente, a Seoane tamén organizará unha exposición sobre Fritz Lang.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Dous dos debuxos que se exhibirán na mostra 'Homenaxe á Torre de Hércules'
Dous dos debuxos que se exhibirán na mostra 'Homenaxe á Torre de Hércules'