Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
ADEGA rexeita este proxecto por ter un impacto ambiental “inadmisíbel”

O encoro proxectado en Navia de Suarna afectará a numerosas especies protexidas

O encoro que a empresa Saltos del Navia CB pretende construir nos concellos de Ibias, A Fonsagrada e Navia de Suarna afectará a un espazo de grande valor ecolóxico con numerosas especies protexidas.

ADEGA - 16:41 29/02/2008
Tags:

Nestes momentos o Ministerio de Medio Ambiente ten aberto o periodo de suxerencias para a elaboración do estudo de impacto ambiental, polo que os veciños da zona están a tempo de realizar alegacións.

            A zona do proxecto está incluída dentro da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos, Terras de Burón e máis forma unha unidade ecolóxica xunto coa delimitación do futuro Parque Natural de Ancares.

            Por se isto no fora suficiente, a parte norte do proxecto está incluida no LIC Ancares-Courel pertencente á Rede Natura mentras a sur está incluída na proposta de ampliación da Rede Natura que presentou o Sr Conselleiro de Medio Ambiente no Consello Galego de Medio Ambiente em xullo de 2007. Estes feitos avalan o grande valor ambiental desta zona e a tremenda barbaridade que representará un encoro que destruirá por completo o ecosistema e desplazará aos seus habitantes, provocando un enorme impacto ambiental e social.

            Entre as especies de plantas protexidas atopamos Narcissus triandrus protexida polo Anexo IV da Directiva Hábitat e Narcissus bulbocodium ou Scrophularia berminii protexidas polo Anexo V da Directiva Hábitat e máis o brión Zigodom conoideus protexido polo Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Entre as comunidades vexetais protexidas pola Directiva Hábitats (92/43CE) e citamos 91E0 Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior ou as escasas comunidades de augas correntes (códigos 3260 e 3270). Tamén veranse gravemente afectada especies animais protexidas como a auganeira (Galemys pyrenaicus) ou a lontra (Lutra lutra) entre outras.

           Finalmente ADEGA tamén solicita que se avalíen as afeccións desta delirante obra nas área próxinas, territorios de campeo do oso, ao cortar un ecosistema cercano ás zonas oseiras.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: