Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Verdegaia quere denunciar que, lonxe de finalizar, están a aumentar as agresións ambientais no L.I.C. das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro

Verdegaia denuncia que continúan as agresións ó L.I.C. das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro

Na barreira do Cerquido situada en SRPEN  (Solo Rústico de Protección de Espazos Naturais) logo de ter sido excluída da Rede Natura no ano 2004, realizáronse recentemente novos aterramentos que acabaron cunha das últimas poboacións de orballiña (Drosera rotundifolia), pequena planta carnívora característica das turbeiras (hábitat de interese comunitario segundo a Directiva Hábitats da UE).

Verdegaia - 10:17 26/02/2008
Tags:

Esta acción tamén acabou con boa parte da  vexetación existente nesta barreira do Cerquido, que e un hábitat prioritario para a conservación das poboación de sapoconcho (Emys orbicularis) no LIC, esta especie esta incluída no Catalogo Galego de Especies Ameazadas coma EN PERIGO, polo que as accións que destrúan o seu hábitat son ilegais e suxeitas a multas cuantiosas.

Por outra banda, o muro ilegal que está a realizar a empresa Transportes Marsou despois de ter talado e aterrado unha zona de mato e outra de bosque de ribeira, habitat de interese prioritario segundo a Directiva Hábitats da U.E., tamén en SRPEN  e até o ano 2004 dentro da Rede Natura 2000 segue a ser cada día máis grande sen que o Concello do Porriño faga absolutamente nada por deter esta ilegalidade que xa foi denunciada no xulgado.

Ademais, os paneis do roteiro autoguiado que existe neste L.I.C. foron tiroteados recentemente por descoñecidos, nunha zona na que esta prohibida a caza.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: