Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nas dúas terá representación Galiza

A Confederación Hidrográfica do Norte reconvértese na do Cantábrico e a do Miño-Sil

O Consello de Ministros aprobou esta sexta feira a división da Confederación Hidrográfica do Norte (CHN) en dúas, en función das vertentes dos seus ríos.

Redacción - 12:15 23/02/2008

Así hase constituír a Confederación Hidrográfica do Cantábrico e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, que verte no Océano Atlántico.

Esta medida provén dunha iniciativa do Ministerio de Medio Ambiente a proposta dos Ministerios de Administracións Públicas e Economía e Facenda.

Ademais, ambas as dúas novas confederacións exercerán as funcións atribuídas á Confederación Hidrográfica do Norte (CHN) nos seus respectivos ámbitos territoriais, e han suceder a esta nos seus bens, dereitos e obrigas. Do mesmo xeito, mentres non se nomeen os presidentes das novas confederacións hidrográficas, o do CHN exercerá as súas funcións.
Tamén se prevé a creación da Comisaría de Augas e a Dirección Técnica da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, con nivel de subdirección xeral. No entanto, a Confederación Hidrográfica do Cantábrico manterá a estrutura orgánica e funcións da CHN, aínda que "coas adaptacións necesarias".

A estrutura da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil

A Xunta de Goberno da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil estará formada por seis representantes de Galiza, dous de Castela e León e un de Asturias; así como por tres delegados de abastecemento a poboacións, tres de regadíos, tres de usos enerxéticos e un doutros usos.

Pola súa banda, a do Cantábrico contará con catro voceiros de Asturias, tres de Cantabria, dous do País Vasco e un de Galiza; e con catro representantes de abastecemento a poboacións, un de regadíos, catro de usos enerxéticos e tres doutros usos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: