Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Plan para perto de 15.000 galegas

A muller: tamén no metal e na construción

Sete programas específicos tratarán de incrementar a calidade do emprego feminino e incorporar as mulleres a profesións nas que apenas teñen presenza.

Redacción - 09:00 20/02/2008
Promocionarase a incorporación da muller a sectores como o do metal. Flickr: Diseño Duoc

Promocionarase a incorporación da muller a sectores como o do metal. Flickr: Diseño Duoc

É unha realidade que a día de hoxe a muller non se atopa nas mesmas condicións laborais que os homes. As galegas cobran en moitos casos un salario inferior que o dos seus compañeiros varóns. Ante esta situación a Consellaría de Traballo levará a cabo diversas accións para promover a incorporación da muller ao mercado laboral, incluídas no programa Aurora de Emprego Feminino.

Sete programas específicos tratarán de incrementar a calidade do emprego feminino e incorporar as mulleres a profesións nas que apenas teñen presenza. Tamén se garantirá a igualdade na negociación colectiva, no fomento do emprendemento e no apoio a sectores maduros con alto índice de presenza feminina así como potenciar a conciliación entre a vida laboral e familiar.

Traballo presentou o Plan Aurora de Emprego feminino, para o que se conta cun investimento de 190 millóns de euros. O Plan, que beneficiará a preto de 150.000 mulleres, impulsa axudas de 7.500 euros por cada contrato indefinido que asinen as empresas con desempregadas maiores de 45 anos, que non traballaran anteriormente ou que volvan a empregarse tras unha ausencia de menos de dous anos, que procedan dunha empresa en crise ou que sexan nais solteiras. Os contratos fixos do resto de traballadoras maiores de 31 anos recibirán 2.000 euros.

A muller tamén no metal e na construción

A través do programa Muller porque si a Xunta tratará de reducir as desigualdades entre homes e mulleres en ocupacións nas que o sector feminino conta con pouca representación. A través deste programa incorporaranse as mulleres a actividades relacionadas co mundo do metal, da construción, da madeira e do transporte, ademais de traballos de loxística e seguridade. Tamén se incentivará ás empresas para que contraten de xeito indefinido as súas traballadoras.


Documentos

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: