Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Económica e xeograficamente

Vigo reclama a capitalidade da eurorrexión Galiza-Norte de Portugal

Abel Caballero destaca a particularidade da cidade olívica como a máis populosa, dinámica e cosmopolita do noso país.

Redacción - 19:07 19/02/2008

O alcalde de Vigo reclamou a capitalidade económica, xeográfica e administrativa da cidade dentro da eurorrexión Galiza-Norte de Portugal. Abel Caballero destacou dos seus logros económicos na que se concentra o 60 por cento da inversión privada de I+D+i de toda Galiza e asegurou que o tecido empresarial vigués “dinamiza a eurorrexión transfronteiriza da zona”.

Caballero non esqueceu dicir que Vigo é a cidade “máis populosa, dinámica e cosmopolita” de Galiza, cunha economía “real e tanxíbel nesta época de sobresaltos nos mercados financeiros e burbullas inmobiliarias”, debido ao peso específico da industria que representa o 19 por cento da economía do noso país.

Con esta demanda, o alcalde vigués reclama unha maior implicación política para que a súa cidade “ocupe o lugar que lle corresponde” e seguir impulsando as sinerxías entre Galiza e Portugal de xeito que se constrúa unha unidade territorial. O papel de Vigo é “central para convertela na eurorrexión máis notábel da Unión Europea” afirmou.

Sete millóns de persoas

A cidade olívica xa acolle a sede territorial da Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza, e coa capitalidade da eurorrexión Galiza-Norte de Portugal converteríase no centro neurálxico dun terriotrio de case sete millóns de persoas.


4.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: