 
Gustavo Sequeiro inaugura unha mostra na vila ferrolterrá que mestura plástica contemporánea e ambientacións musicais de vangarda.
Natureza Artificial é unha proposta conxunta de pintura e música contemporánea, cunha mirada á natureza, creando paisaxes plasticas e sonoras. O autor, o novo artista ferrolán Gustavo Sequeiro, está acompañado de Sérgio Sequeiro, que se ocupara de crear as ambientación musicais que acompañarán a mostra, unha longa e coidada ambientación musical  que acompaña e completa unha aposta plástica que se move entre a creación de texturas e a abordaxe do figurativo. 
A inauguración, que comezará ás nove da noite deste sábado, consistirá nunha sesión cos temas da montaxe pinchados o vivo, ademais dun pincho e unha pequena festa que desacralizará por breves momentos o espazo da contemplación artística. A mostra permanecerá aberta na Casa das Palmeiras de Neda até o 23 de febreiro.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto