Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Propostas aos grupos políticos

Dez compromisos para unha política "favorábel á paz"

Do traslado dos recursos de I+D que recibe o exército á investigación civil ao estrito cumprimento da Lei de Comercio de Armas.

Redacción - 13:15 14/02/2008
Tags: paz xerais08

O Seminario Galego de Educación para a Paz, "de acordo coas demandas do movemento pacifista", proponlle ás formacións políticas que concorren ás eleccións xerais do próximo 9 de Marzo, un conxunto de accións políticas "en favor da paz".


10 compromisos mínimos para unha política favorable á Paz:

1. Desenvolvemento da
Ley de Fomento da Educación e a Cultura da Paz aprobada durante a última lexislatura. Creación dun Consello Asesor de Fomento da Educación e a Cultura da Paz, con representación da sociedade civil, co fin de impulsar e avaliar as políticas públicas de fomento da paz.


2. Retirada do plan de militarización do ensino sobre cultura de defensa, incompatible co espírito da Década Internacional da Cultura da Paz e a Non Violencia para tódolos nenos e nenas do mundo.


3. En vez de incrementalo, como se fixo nos últimos años, diminución progresiva do gasto militar español. En concreto, destinar un 1% do gasto militar a programas de fomento da paz.


4. Progresiva redución da militarización da investigación científica e transferencia dos recursos liberados cara a investigación civil (sanitaria, educativa, etc.).


5. Estrito cumprimento da recentemente aprobada Ley de Comercio de Armas, ademais de facer un despregue regulamentario que reforce os elementos de control e transparencia. A nivel europeo, favorecer que o Código de Conduta sobre exportación de armas se converta en realmente vinculante para todos os estados membros.


6. Diante da proliferación e descontrol das armas lixeiras, reforzar a continuidade do Programa de Acción de NNUU, ademais de ser parte activa do proceso de elaboración do Tratado Mundial para regulamentar o comercio de armas convencionais, atendendo á Resolución 61/89 das NNUU.


7. Prohibir as bombas de dispersión: o seu uso, produción, almacenamento e venta, en coherencia coa sinatura da Declaración de Oslo. Mentres non se concrete un tratado mundial, decretar medidas de carácter unilateral no Estado.


8. Acoller e dar Estatuto de Refuxiado ós desertores de guerra, como unha ferramenta efectiva de apoio e de soporte ós que optan pola paz en situacións de violencia aberta.


9. Non participar en intervencións humanitarias ou misións de paz que supoñan unha participación ou lexitimación en guerras ou intervencións militares encubertas.


10. Continuar apostando pola paz no País Vasco: rexeitamento da violencia, atención ás vítimas, máis responsabilidade e diálogo dos líderes políticos, non criminalización dos diversos proxectos políticos. No marco da loita antiterrorista tense que preservar -e non recortar- os dereitos e as liberdades fundamentais


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: