Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ven paralelismo coa situación de Reganosa

Un gaseiro con destino a Boston, á deriva fronte ás costas de Massachusetts

O goberno estatal debate sobre a prohibición de instalar plantas de gas ao carón de zonas habitadas.

Redacción - 13:30 12/02/2008

O colectivo cidadán de Ferrolterra f-cape faise eco do suceso acontecido este luns fronte ás costas de Estados Unidos, onde o gaseiro Catalunya Spirit quedou á deriva tras perder toda a súa potencia propulsora. O buque, procedente de Trindade e Tobago transporta unha carga de gas natural licuado e dirixíase cara o porto de Boston, no estado de Massachusetts.

O armador do buque pediu a asistencia de dous remolcadores cando se iniciou a situación de alerta, e máis tarde, ante a situación de mal tempo, pediu outros dous máis. Precisamente, nunha inspección rutinaria realizada en Navantia detectáronse serios problemas de illamento en tres dos seus tanques.

O servizo de gardacostas de EUA (USCG) acudiu á zona para prestarlle axuda. Porén, tal e como sinalan dende f-cape, "este accidente reforzará sen dúbida a opinión do USCG de que non ten efectivos suficientes para atender accidentes en buques gaseiros", e ven un paralelismo coa actual situación de Reganosa.

Informes negativos ás plantas ao carón das vilas

Recentemente o USCG emitiu un informe negativo para a navegación dos gaseiros na baía de Narrangasett, onde o concello de Fall River está a presentar unha batalla legal e política para que unha empresa gaseira non consiga situar unha planta perto desta cidade.

Pola súa banda, a oficina de Control do Congreso de EUA (GAO) emitiu un informe requiríndolle á Comisión Reguladora da Enerxía (FERC) deste país que non conceda a autorización até que o expertos en gas natural licuado cheguen a un acordo sobre os perigos destas plantas.

Ademais, o Capitolio de Massachussetts vai votar nuns días unha proposta de lei que prohibe situar este tipo de plantas a menos dunha milla de distancia de zonas habitadas.


Ligazóns

4.5/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: