Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Será o 29 de febreiro na Malata, en Ferrol

Debutamos contra o país que inventou o fútbol sala, Uruguai

Esta quinta feira presentáronse os técnicos da selección nacional e a cidade da histórica cita.

A. Rodríguez / Vídeo: Lucía Iglesias - 17:25 07/02/2008
O cartaz do encontro

O cartaz do encontro

"Masculina, polo de agora", foron as palabras de Marta Souto, a directora xeral para o Deporte quen, acompañada dos dous seleccionadores nacionais (Xabier Pardeiro e Bruno García), dos presidentes das Federacións de Fútbol e Fútbol Sala (Carlos Meana e Luis Pena) e do concelleiro de Deportes de Ferrol, Manuel Santiago, presentaba a Galiza do futsal.

O partido de debut será nunha data singular: este 29 de febreiro ás 21:00 horas no Pavillón da Malata, en Ferrol.

Xogamos contra o país inventor do futsal
E a selección escollida foi a de Uruguai, que anda de xira polo Estado Español, collendo rodaxe de cara aos seus vindeiros encontros oficiais. Se se ten en conta que é o país que inventou o fútbol sala (fútbol de salón aló, que naceu dunha iniciativa dos profesores de educación física da Asociación Cristiana de Jóvenes de Montevideo, que comezaron a xogar ao fútbol nun ximnasio, principiados os anos 30 do século pasado), a cousa ten altura.

Ademais, o partido é en Ferrol, segundo dixo o concelleiro de Deportes da cidade, porque foi a berce do futsal galego, de onde saíron clubes tan míticos como o Parrulo.

Chamamento aos seareiros de Ferrol Terra e aos de toda Galiza
No final da presentación tamén se falou do apoio seareiro galego (que agardan sexa espectacular), mais tamén uruguaio, que estará presente nas comunidades de uruguaios que residen no noso país, segundo Santiago, que apoiarán as seleccións, "facendo en Ferrol a gran festa do futsal" nacional, como aconteceu en Vigo, co fútbol, o pasado 27 de decembro.

Velaquí vos deixamos un vídeo no que Javi Pardeiro e Bruno García nos contan o orgullo que sentiron ao seren escollidos polos clubes galegos como seleccionadores nacionais, ademais de dar un par de apuntes sobre os posíbeis xogadores da pequena irmandiña.


4.83/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Bruno García (esquerda) e Javi Pardeiro coa directora xeral para o Deporte
Bruno García (esquerda) e Javi Pardeiro coa directora xeral para o Deporte
Bruno García, un dos seleccionadores e adestrador do Azkar Lugo, na presentación
Bruno García, un dos seleccionadores e adestrador do Azkar Lugo, na presentación
Javi Pardeiro, o outro seleccionador nacional, e adestrador do Burela FS
Javi Pardeiro, o outro seleccionador nacional, e adestrador do Burela FS
Ao final da presentación, a foto de familia
Ao final da presentación, a foto de familia