Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
A irmandiña de cinco xogadores

Xa temos selección nacional de fútbol sala

Despois da de baloncesto ou balonmán chegou a do fútbol pequeno, de tamaño, pero non menos espectacular. Os seleccionadores: Pardeiro do Burela, e Bruno García, do Azkar.

Redacción - 17:30 06/02/2008
Bruno García

Bruno García

Aínda non sabemos dos seleccionados. O único que se coñece é que xa hai selección nacional, e que o primeiro partido que han xogar vai ser en Ferrol.

E tamén os nomes dos seleccionadores, dous históricos do fútbol sala galego: Pardeiro, adestrador do Burela FS Pescados Rubén, e Bruno García, adestrador do Azkar Lugo, que en todo o tempo que estivo nos bancos de varios equipos, dedicouse a facelos ascender (o último, o Leis, na tempada pasada, na que subiu á División de Honra).

No mediodía da quinta feira presentarase o combinado nacional, coa presenza da directora xeral para o Deporte, Marta Souto; os presidentes das Federación de Fútbol e Fútbol Sala, Carlos Meana e Luis Pena; e o concelleiro de Deportes de Ferrol, Manuel Santiago.

Queda aínda moito por saber da Galiza do fútbol sala.


4.55/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: