Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
NA PRAZA DE LISBOA

Porto acollerá a meirande libraría de Portugal

O novo centro de Byblos, que xa conta cun local en Lisboa, terá máis de 150 mil volumes.

Redacción - 09:30 09/02/2008

A praza de Lisboa de Porto, próxima á Torre dos Clérigos, atópase en estado de abandono nestes momentos, con tendas baleiras (restos do que foi a Clérigos Shopping) e é decote obxecto de actos vandálicos. A praza acollerá a meirande libraría de Portugal, unha nova libraría Byblos, que o pasado ano inaugurou o seu centro en Lisboa e que ten en proxecto a apertura de novas sedes no país.

A Byblos de Porto terá máis de 150 mil volumes e estará construída maioritariamente con cristal, permitindo observar o seu interior dende fóra. A nova libraria ficará á sombra da Torre dos Clérigos, un dos símbolos maiores da cidade do Porto, e terá como veciña unha das mais bonitas casas libreiras de todo o mundo: a centenaria Livraria Lello.


4,29/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: