Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O Lobelle parte cara a súa primeira cita europea

"Os xogadores son profesionais, e saben da responsabilidade de vestir esta camisola"

Así falaba José Antonio Lobelle, o presidente do clube de fútbol sala compostelán mentres presentaba os novos equipamentos, que se estrearán esta semana en Serbia.

Redacción - 17:55 21/01/2008
Da campaña de abonados do Lobelle

Da campaña de abonados do Lobelle

O Autos Lobelle FS parte esta terza feira de Vigo cara Belgrado, para xogar a súa primeira competición fóra do Estado Español, a Recopa de Europa. A expedición, composta por todo o corpo técnico do equipo e case todo o persoal, sairá cedo de mañá, facendo escala en París. Despois aínda quedan outras horiñas de autobús até a cidade de Nis.

As excepcións serán Marcos Vara, que por motivos académicos viaxará o día 23, e Leitão, convocado pola selección portuguesa para disputar dous amigábeis. O xogador brasileiro con pasaporte portugués chegará a Nis o día 24 de xaneiro a última hora directamente dende Lisboa. A cuarta feira tamén chegará a Nis o presidente o clube, José Antonio Lobelle.

A axenda do Lobelle estará moi cargada estes días, xa que están previstos catro adestramentos antes do comezo da competición, a vindeira sexta feira.

Segundo Lobelle, o equipo que preside vai facer un gran papel en Serbia: Para nós disputar esta competición é un enorme orgullo e unha responsabilidade, porque é a primeira vez que o equipo disputa unha competición nun país estranxeiro. Agardamos conseguir clasificarnos para a final e alí dar a sorpresa e revalidar o noso título.

O equipo santiagués medirase nas semifinais ao Koska Nis e o Aktobe.

Manu e Alemão analizan a situación

Os dous xogadores do Lobelle ven a Recopa de Europa como un torneo moi atractivo, "por xogarse no estranxeiro e polo feito de defender o título de campións, que é o noso principal obxectivo", dixo Manu, quen segurou que, a pesar de non coñecer moi ben aos seus rivais, "non hai que confiarse, porque ao final todos os partidos se deciden en pequenos detalles e van a ser tres en tres días, polo que a esixencia física vai ser moi alta".

Pola súa banda Alemão dixo que o "equipo chega ben a este torneo" e dixo crer que o Lobelle está nunha "liña ascendente". "Temos que demostrar dende un comezo o noso nivel para conseguir o respecto dos nosos rivais, xogando ben e collendo confianza."


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O presidente do clube, na presentación das novas camisolas, que estrearán na Recopa de Europa
O presidente do clube, na presentación das novas camisolas, que estrearán na Recopa de Europa
Manu e Alemão na presentación das camisolas
Manu e Alemão na presentación das camisolas
Unha imaxe do partido contra o Móstoles, esta fin de semana (quedaron 9-3)
Unha imaxe do partido contra o Móstoles, esta fin de semana (quedaron 9-3)