O blogueiro publica a súa xa tradicional quiniela sobre os filmes finalistas dos premios cinematográficos estadounidenses.
Cartel da próxima edición dos premios
Cando faltan poucas horas para que a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de Hollywood designe cales serán os finalistas para os octoxésimos Oscars, o blogueiro coruñés Martin Pawley volve facer, como cada ano, a súa particular quiniela. Para facer as súas predicións sobre os premios cinematográficos máis importantes do mundo, baseouse nas escollas feitas por críticos e profesionais do medio.
Na listaxe de favoritas aparecen como destacadas Michael Clayton, de Tony Gilroy, como favorita para os premios a mellor filme, mellor director, mellor actor e mellores actriz e actor secundarios, e mais There Will Be Blood, de Paul Thomas Anderson, como mellor filme, mellor director, e mellores actores principal e secundario.
Se acertou ou non, saberase o martes ás 14:30, hora galega.