Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Naufraxio

Atopan un chaleco do 'Cordero', unha milla ao norte do Cabo Prior

Foi visto este sábado por un pesqueiro que navegaba pola zona, segundo informaron a Consellaría de Pesca e a Mariña Mercante.

Redacción - 13:35 19/01/2008

Un pesqueiro atopou este sábado un chaleco salvavidas, pertencente ao Cordero a unha milla ao norte do Cabo Prior (Ferrol), lugar onde se produciu o naufraxio do barco o pasado martes.

Así o confirmaron nun encontro cos medios o director xeral de Mariña Mercante, Felipe Martínez, e o director xeral de Recursos Mariños da Consellería de Pesca, Antonio García Elorriaga.

O dispositivo de busca en que participan efectivos de Protección Civil de Ortigueira, Viveiro, Celeiro, Cariño, Ribadeo, Foz, Burela, Barreiro, Cervo, Valdoviño e Cedeira peitean "praias e calas sobre todo" ante a previsión de que os corpos poidan ser devoltos á costa.

Complementan a busca os buques Don Inda -no lugar onde se produciu o naufraxio- e Irmáns García Nodal, que fai unha batida marítima dende Estaca de Bares a Ribadeo. Ademais, seis embarcacións de Salvamar súmanse ao dispositivo, unha da Cruz Vermella, namentres que outras dúas céntranse na costa eo-naviega.

Por aire, o dispositivo está composto polo Rosalía de Castro e o Helimer Galicia, que substituíu ao Pesca 2 nos labores debido a que este último tivo que intervir na evacuación dun mariñeiro do Gran Sol que sufriu un infarto e foi trasladado ao Porto de Celeiro (Viveiro, A Mariña Occidental).


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: