Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
AELG e Centro de Estudos Galegos

Galiza e Gales unidas polas letras

A escritora María do Cebreiro coñecerá o país durante un mes, no que promoverá a literatura galega a través da Universidade de Bangor.

Redacción - 10:21 15/01/2008

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e o Centro de Estudos Galegos en Gales iniciaron xa a súa colaboración para achegar as sinerxias das súas dúas comunidades académicas. Entre os obxectivos desta iniciativa destaca o de crear vencellos no mundo da escrita galega e galesa. O programa inclúe tamén a estadía dunha figura representativa das nosas letras no país, que este ano recae na poeta compostelá María do Cebreiro.

Do 23 de febreiro ao 22 de marzo, esta escritora traballará na Universidade galesa de Bangor para acadar diversos obxectivos como a creación de vencellos entre os autores e autoras galegos e os axentes culturais galeses, para o que se organizarán recitais de lectura, seminarios, conferencias e entrevistas con outros escritores e demais personaxes ligados á literatura do entorno galés.

Tamén se tratará de promover o entendemento da complexidade socio-política e cultural da península ibérica ao estudantado, a través da contribución da escritora nos cursos de historia e literatura galega, a quen tamén se lle proporcionará un lugar estimulante para o traballo e a creación.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: