Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
GALARDÓNS MAKETON 2007

A escena musical viguesa entregou os seus premios

El Puto Coke, Cornelius, Zona Zero, Berrogüetto, SoundShepard e a Rede Galega de Música ao Vivo recibiron cadanseu recoñecemento.

Redacción - 18:13 26/12/2007


Cornelius: Fool Forever

Os premios da música Maketón Estrella Galicia levan sete ano distinguindo ao mellor da música viguesa. Este ano os grandes triunfadores foron Cornelius, que optivo o premio ao mellor disco do ano por Greatest Hits. Zona Zero foi considerado o mellor directo de 2007, e El Puto Coke o mellor produtor. Soundshepard, unha banda moi nova, gañou o premio á mellor maqueta.

Outros premios da noite foron para Berrogüeto, á súa traxectoria musical e para a Rede Galega de Música ao Vivo, que obtivo o Premio Especial da Musica Maketon Estrella Galicia, un galardón recollido por Miguel Martín, xerente do IGAEM.

A festa tivo lugar na Fábrica de Chocolate, onde actuaron CeoDei e Pacífico.


4,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Os premios entregáronse na Fábrica de Chocolate
Os premios entregáronse na Fábrica de Chocolate