Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Especial Selección 2007: Sobrenome

RSS de Especial Selección 2007: Sobrenome
Iolanda Díaz, tenente de alcalde do Concello de Ferrol

"Gustaríame que se xogase entre as federacións do Estado, tamén contra a española"

A coordinadora nacional de Esquerda Unida afirma que se está a facer un "bo traballo" por "retomar algo que xa funcionaba durante a República".

Redacción - 14:10 21/12/2007

Un nome: "Non me gustan os nomes militaristas. Os Irmandiños é o meu favorito, aínda que tamén está moi ben o de Estrellas de Jalisia".

Un prognóstico: "Eu quero que gañen por riba de todo. Voume concentrar ese día para que así sexa ... Coido que gañaremos 1-0 tanto na masculina como na feminina".

A Selección:
"Estou satisfeita co esforzo que se está a realizar para recuperar algo que xa funcionaba durante a República. Estase a facer un bo traballo, aínda que lentamente, para pór en valor o noso deporte".

Ano vindeiro:
"Estaría encantada de que a Selección galega xogase en Ferrol o ano que vén. A nosa cidade é a gran esquecida do noso país, está moi abandonada, e un evento como este serviría tamén para erguerlle a autoestima a Ferrol, que a ten moi baixa".

Un rival: "Gustaríame, máis que un país en concreto, que se xogase unha especie de campionato entre as diversas federacións do Estado, e tamén, por que non, un partido contra a selección española".


4.22/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: