Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A través da licenza de primeira ocupación

Os concellos verificarán os criterios de habitabilidade das vivendas

O Consello de Goberno aproba as Normas do Habitat Galego, que estabelecen as calidades mínimas coas que deben contar as novas construcións. Por outra banda, Teresa Táboas asinou un convenio en Madrid para aplicar o pago de 210 euros para o aluguer.

Anterior: (24/04/2007) A distancia entre edificios deberá ser, como mínimo, de 18 metros

Redacción - 18:35 20/12/2007

O Consello de Goberno aprobou esta quinta feira as Normas do Hábitat Galego (NHG) que marcan as calidades mínimas coas que se deben construír as novas vivendas, e que salientan principalmente polo estabelecemento dun incremento da superficie mínima das vivendas de 26 a 40 metros cadrados.

As NGH, presentadas o pasado 24 de abril no Parlamento pola conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, dentro do Plan de Calidade na Edificación do departamento, fixan aspectos como a accesibilidade, a iluminación, a ventilación e a funcionalidade das vivendas, así como os remates dos edificios ou os espazos públicos.

Estas normas substitúen o actual Decreto de Habitabilidade de 1992 e son de total aplicación para as vivendas de nova construción. que van ser máis flexíbeis cos requisitos nos solos con ordenación detallada. Ademais, non se aplicará nas obras que xa solicitasen a licenza de obra antes da súa entrada en vigor.

A verificación do cumprimento da norma vai ser responsabilidade compartida entre Xunta e municipios aínda que en última instancia será destes, a través da licenza de primeira ocupación.

210 euros para o aluguer
Por outra banda, a Consellaría e o Ministerio español de Vivenda asinaron un convenio de colaboración, na tarde deste xoves en Madrid, para aplicar a Renda Básica de Emancipación en Galiza, que entrará en vigor en xaneiro de 2008. Esta concede unha axuda de 210 euros a mozos de entre 22 e 30 anos para subvencionar o aluguer dunha vivenda.

As axudas deberán ser solicitadas e xestionadas nas oficinas que a consellería ten en funcionamento en cada unha das sete grandes cidades do país, onde xa se está a levar a cabo toda a tramitación relativa á concesión de axudas do Programa de Vivenda en Aluguer da Xunta.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: