 
A rede A Ría Non se Vende convoca unha manifestación para este sábado ás 18.00 horas contra o Plan de Ordenación Municipal.
A rede A Ría Non se Vende, que agrupa a diversos colectivos ecoloxistas e sociais, convocou unha manifestación para este sábado ás 18.00 horas contra o Plan de Ordenación Municipal de Vigo. 
  A intención é amosar que "non toda a poboación está satisfeita con este PXOM feito de costas á cidadanía e aos seus intereses", din dende Verdegaia, unha das asociacións que forman parte da rede.   
"Unha vez mais, este plan propon un modelo de desenvolvemento baseado na construción de máis e máis vivendas", sobre unha estimación de que Vigo "duplique a súa poboación nun intervalo de entre 12 e 20 anos", afirman. 
A marcha concentrarase na rúa do Príncipe, fronte ao Marco, e percorrerá por Colón, Policarpo Sanz e Porta do sol para rematar outra vez no lugar de saída.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto