Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Día Internacional dos Voluntarios

Os Premios do Voluntariado recompensaron a solidariedade dos escolares

Esta iniciativa organizada pola Dirección Xeral de Xuventude busca a difusión e a promoción dos valores da solidariedade nos centros de Galiza

Redacción - 18:44 05/12/2007

O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, entregou este mércores 5 os Premios do Voluntariado aos centros gañadores das tres categorías que estaban estabelecidas e que resultaron ser, na modalidade de webquest o Instituto de Ensinanza Secundaria Castro da Uz das Pontes; na categoría de libro web colaborativo Colexio Mercantil de Vigo e o IES Terra de Trasancos de Narón; e na sección de graffiti o IES Carlos Casares de Viana do Bolo.

Durante o acto de entrega dos premios, Rubén Cela salientou o “espírito solidario que xurdiu nos galegos e galegas tras graves sucesos que conmocionaron ao país”, como foi o caso do Prestige e da vaga de lumes que asolou os nosos montes no verán de 2006. Grazas a esta marea solidaria puxéronse a andar moitas iniciativas de voluntariado, que influíron tamén nos máis cativos. Por iso o director xeral de Xuventude animou aos rapaces e rapazas a “seguir traballando para acadar unha sociedade na que primen os valores da solidariedade”.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: