Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MOVEMENTOS NO PANORAMA MEDIÁTICO

A Nosa Terra estrea novo proxecto ao cumprir cen anos

O semanario reforza a súa edición en papel, á vez que crea un portal, mentres que o grupo El Progreso pon a andar Galiciae.com.

Redacción - 13:35 04/12/2007

O semanario A Nosa Terra está de mudanzas no seu centenario. Esta semana concrétanse os cambios coa reforma da publicación en papel que pasa a ter 56 páxinas e que contará con novas seccións. O novo director do medio, Manuel Veiga, subliña este luns nunha entrevista concedida a Galicia Hoxe que o semanario busca converterse nun medio “máis áxil, máis diversificado, máis plural e menos doutrinario”. O proxecto en papel tamén está acompañado dun portal dixital de actualización diaria.

O até o de agora director, Afonso Eiré, pasa a desenvolver tarefas de conselleiro delegado no grupo de comunicación que presidirá Miguel Barros. Os cambios prodúcense logo de que a construtora San José se convertera hai poucos meses no principal accionista de Promocións Culturais Galegas, editora d'A Nosa Terra, logo dunha importante operación económica. No consello de administración da empresa estarán, entre outros, o popular Victorino Núñez, o deputado socialista Ceferino Díaz ou a nacionalista Ana Miranda.

Galiciae, outra aposta na rede
O portal Galiciae.com, que en principio, aposta polo castelán toma o relevo do xornal dixital Xeración. O grupo El Progreso concreta así a súa aposta por internet. Como explican dende a mesma empresa o portal ten unha vocación de ser “unha rede de medios na que ademais da 'semente' de Xeración se irán integrando pouco a pouco os diferentes medios dixitais do grupo”


4,33/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: