Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ANTOLOXÍA DE VIÑETAS DE QUESADA

Corenta anos de chispas

Xerais presenta en Vigo Chispas de Quesada, unha antoloxía de duascentas viñetas de Quesada publicadas no Faro de Vigo dende 1967 até a actualidade

Redacción - 12:46 22/11/2007

Chispas de Quesada recolle a visión irónica e crítica da actualidade política, social e deportiva de Galiza e, especialmente, da cidade de Vigo, realizada polo decano dos humoristas galegos en exercicio nos úlitmos corenta anos. Fernando Quesada  Porto publica no Faro de Vigo estas viñetas dende 1967, e de xeito diario dende hai 36 anos. En total 16 mil cadriños que teñen debuxado con humor a sociedade galega das últimas décadas. O libro abre unha serie de antoloxías na que Xerais pretende recoller a obra dos mellores humoristas gráficos galegos.

A presentación terá lugar no Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Vigo a partir das oito da tarde e ao acto asistirán, acompañando ao autor, Ceferino de Blas e Manuel Bragado.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: