Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Chega Terractiva 2007

Arzúa acolle unha nova edición da meirande feira ecolóxica de Galiza

Comeza o sábado e continúa todo o domingo con actividades lúdicas e formativas. O festival das artes pola diversidade cumpre cinco anos.

Redacción - 09:30 17/11/2007

A grande Feira Ecolóxica de Galiza abre un ano máis as súas portas cunha ampla e variada programación pensada para todo o mundo, con actividades formativas (escola de formación Formaterra), unha sección de denuncia (Altofalante) e actividades lúdicas, como os Xogos da Terra.

O Terractiva, no compromiso ca vida
Este festival renace, un ano máis, da repulsa a desfeita mediambiental do urbanismo disparatado, das grandes infraestruturas (recheos, piscifactorías, portos deportivos, parques eólicos...) e abraza as loitas contra a voráxine destrutora capitalista que manteñen o facho aceso por todo o país. Por iso toda a cidadanía está convidada.

A loita pola biodiversidade en Galiza
Terractiva é un dos meirandes (e tamén dos poucos) festivais que en Galiza protagonizan a loita pola diversidade e de defensa do medio, as artes e a cultura.

Xa van aló cinco anos traballando a prol da defensa da terra, potenciando unha cultura de consumo responsábel, respectuoso co ambiente. O que agora cumpría era facerlle un mercado máis amplo a este tipo de eventos, segundo contan os organizadores, ao tempo que se lle procura un espazo meirande aos produtos ecolóxicos galegos, tentando poñer en contacto o movemento ecoloxista e os produtores agrícolas galegos.

Despois de divulgar, concienciar, educar, divertir...

Hai un anaco dedicado á música, co Festival Galeuzca, un compromiso coas tendencias musicais de Galiza, Euskadi e Cataluña. Desta volta o concerto organízase en defensa da ría e nel van participar os Oskorri, chegados de Euskadi; os galegos Marful; e os cataláns Ensaladilla So Insistent. Será o sábado ás 21:00 horas.


Ligazóns

5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A defensa das rías é o obxectivo da festa deste ano. A ría de Vigo, fotografada por edans (Flickr)
A defensa das rías é o obxectivo da festa deste ano. A ría de Vigo, fotografada por edans (Flickr)
Un mural anti-Reganosa, fotografado por A Pintega (Flickr)
Un mural anti-Reganosa, fotografado por A Pintega (Flickr)
Os galegos Marful tocarán no Festival Galeuzca, dentro da Terr@ctiva 2007
Os galegos Marful tocarán no Festival Galeuzca, dentro da Terr@ctiva 2007
Os vascos Oskorri tamén estarán no Terr@ctiva, dentro do Festival Galeuzka
Os vascos Oskorri tamén estarán no Terr@ctiva, dentro do Festival Galeuzka