Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Fronte á posición contraria do Bispado

Os veciños apoian o crego que se rexistrou como parella de feito da súa asistenta

O que para as burocracias da Igrexa Católica aínda non é aceptábel si o é para os veciños, que eloxian ademais a "boa fe" do párroco de Tomiño.

EP - 09:00 05/11/2007

Ernesto Pazos Chaves, de 73 anos de idade e crego de Tomiño, decidiu inscribirse o pasado 1 de outubro no rexistro de parellas de feito do seu concello con Dilma Leite Arruda, unha cidadá brasileira de 56 anos, que dende hai máis de dez cóidao e atende a súa casa.

Os veciños do crego eloxian a "boa fe" do seu párroco, ao que defenden porque actuou para "facelle un favor" á muller que o coida dende hai dez anos e, que segundo os seus fregueses, foi a que o sacou do estado de "abandono total" no que estaba inmerso dende que morreron os seus pais. "O único que me moveu foi un sentido de humanidade e caridade", declarou para Europa Press Ernesto Pazos Chaves, que dende hai 42 anos atende ás parroquias de San Salvador, Santa María de Tebra e Vilameán e que rexeitou a existencia dunha relación sentimental entre ambos os dous.

Pazos Chaves explica que no departamento de Estranxeiría da comisaría de Vigo lle deron dúas alternativas para regularizar a situación da brasileira, cuxo permiso de residencia caducara o pasado 6 de outubro. Debía inscribirse como parella de feito con ela ou ben ofrecerlle un contrato laboral. Argumentando o escaso salario que recibe, o crego optou pola do rexistro civil. O Bispado de Tui-Vigo reprendeuno por esta decisión e o sacerdote viuse obrigado a rachar o contrato civil doce días despois.


4.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: