Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
GALEUSCA 2007

O imaxinario como inspiración nas literaturas galega, catalá e vasca

Escritores dos tres países falaran até o vindeiro día 4 sobre as fontes de inspiración literarias con motivo da XXIV edición de Galeusca.

Redacción - 09:45 01/11/2007

As cidades de Lugo e Mondoñedo acollerán estes días autores de Euskadi, Cataluña e Galiza, que se reúnen co fin de tratar o tema do imaxinario como fonte e canle de toda literatura. O encontro comezará o venres 2 cunha mesa redonda, presentada por Antón Reigosa, en que se debaterá sobre as fontes do imaxinario e que contará coas intervencións de Iratxe Retolaza, Alfons Llorenç e Xosé Miranda.

A primeira xornada do Galeusca continuará a partir das cinco da tarde cunha revisión dos clásicos do imaxinario, mediante as explicacións aportadas por Caterina Valriu, Joxemiel Bidador e Darío Xohán Cabana, con presentación a cargo de Isidro Novo. Os participantes no congreso tamén poderán coñecer máis sobre Lugo, xa que está previsto un roteiro pola cidade e unha visita ao seu Museo Provincial. As actividades rematarán este primeiro día cunha actuación da Nova Galega de Danza, que terá lugar no Auditorio Gustavo Freire.

O congreso, organizado polas asociacións de escritores en lingua galega, catalá e éuscara foi presentada polos presidentes destas entidades, Cesáreo Sánchez Iglesias, Guillem-Jordi Graells e Fito Rodríguez, respectivamente.

O imaxinario
Para os organizadores do Galeusca o imaxinario "é fábula e á vez misterio". Existe dentro de cada pobo, en virtude dun sentir común e chega a converterse nunha raíz sólida incapaz de ser arrincada. Nace nas culturas coa intención de "comunicar aos demáis o elemento que vai máis alá da vida cotiá, que traspasa até os límites da vivencia física". Aseguran ademais, que todas as artes de todos os pobos están condicionadas polo seu propio imaxinario, sendo a palabra a máis afectada.


4,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: