Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
TRADUCIÓN DO CATALÁN

"A pel fría", a novela máis popular de Albert Sánchez Piñol, en galego

Este best-seller de terror e intriga xa está traducido a vintecinco linguas.

Redacción - 15:30 17/10/2007

Un irlandés, ex militante do IRA, decide ir de fareiro a unha illa no medio do océano. Alí ten que combater cunha estraña criatura mariña. Ese é o argumento dun dos best-sellers máis apaixonantes da literatura catalá recente, publicado pola editorial La Campana, que xa leva 27 edicións dun dos seus títulos de maior éxito con máis de 130.000 exemplares vendidos.

Co seu estilo lixeiro e fresco Albert Sánchez Piñol (Barcelona 1965), antropólogo, conseguiu crear desde o comezo da súa traxectoria como escritor un público popular, seareiro, interesado pola literatura de lecer pero de calidade. As paixóns foron tales que os seus lectores chegaron a dividirse entre os partidarios de La pell freda, o seu primeiro libro, e os de Pandora al Congo.

Albert Sánchez Piñol
A pel fría

Trad. de Mercedes Pacheco Vázquez
Santiago de Compostela: Ézaro, 2007
20 euros


2,6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: