Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Premio ao labor editorial galego

Kalandraka e Faktoría K gañan os premios estatais de edición

O ministro de Cultura, César Antonio Molina, entregoulles os Premios Nacionais de Edición ás editoriais galegas Kalandraka e Factoría K.

Redacción - 18:00 03/10/2007
Capa do libro 'Animalario', de Faktoría K

Capa do libro 'Animalario', de Faktoría K

As dúas editoriais levaron este premio pola publicación de Pucho, o habitador dos tellados (Kalandraka) e Animalario (Faktoría K), incluídos nas categorías de Literatura Infantil-Xuvenil e Arte, respectivamente. É xa o sexto premio para Kalandraka, mais o primeiro para Faktoría K.

Este xa fai o sexto premio estatal que recibe a editorial Kalandraka ao longo da súa traxectoria de case dez anos (para o ano están de aniversario). Pucho, o habitador dos tellados, de Manuel Janeiro e Juan Ramón Alonso, tamén foi incluída recentemente na Lista de Honra da Organización Internacional para o Libro Infantil e Xuvenil IBBY.

En canto ao selo vigués Faktoría K, esta é a súa primeira distinción, lograda cun libro de arte do que se fixo unha edición numerada e limitada de 2.000 exemplares. Na fabricación artesanal de Animalario traballou unha comunidade de impresores da India, seguindo unha técnica única de serigrafía sobre papel especial feito a man.

Segundo ambas as dúas editoriais, Animalario e Pucho son o resultado dun traballo colectivo no que destaca o labor de Manuela Rodríguez, na área de Edición, e de Macu Fontarigo, na de Deseño. A elección dos materiais, a composición das obras e a calidade na impresión son características comúns a ambos os dous títulos, o que fai que sexan destacábeis.


4.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Olalla González, de Kalandraka, recibe o diploma por 'Pucho'
Olalla González, de Kalandraka, recibe o diploma por 'Pucho'
Silvia Pérez, de Faktoría K, recolle a distinción a 'Animalario'
Silvia Pérez, de Faktoría K, recolle a distinción a 'Animalario'