Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Compromiso de Emilio Pérez Touriño

Plan Acuícola: "2.000 novos empregos" e "efecto cero" na Rede Natura

Os ecoloxistas critican as declaracións feitas este martes en Vigo polo presidente do Goberno na inauguración do XI Congreso de Acuicultura a nivel estatal.

Redacción - 19:50 26/09/2007

O presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño, apostou este martes por potenciar o crecemento do sector acuícola "de forma integral" e por potenciar o control de todos os parámetros que interveñen no ciclo de valor e así "reducir a incerteza" neste tipo de procesos.

Na inauguración do XI Congreso de Acuicultura a nivel estatal que se organiza estes días en Vigo, Touriño asegurou que o novo Plan Acuícola suporá manter o liderado mundial de Galiza no sector, así como xerar un mínimo de 2.000 novos empregos.

Ademais, garantiu que o proxecto -que xa ten superada a fase de formación publica e conta cun investimento estimado de 390 millóns de euros- prevé chegar a producir até 25.000 toneladas de peixes planos.

Por último, Touriño garantiu que o plan supón un "efecto cero" no seu impacto sobre a Rede Natura, e aproveitou para lembrar que a Xunta prevé ampliar este espazo protexido nun 50%.

Críticas dos ecoloxistas
Dende ADEGA xa criticaron as declaracións do presidente: "O Plano Acuícola está moi lonxe de atender a criterios de sustentabilidade ambiental, utilidade pública e interese económico para o país. Só atende aos intereses empresariais de corporacións transnacionais tan "galegas" como Stolt Sea Farm ou Pescanova e ás que a Xunta vai "premiar" con 390 millóns de euro en subvencións públicas".

Poden consultar o artigo completo de ADEGA no Canal Verde de Vieiros.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: