Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LEI DA FUNCIÓN PÚBLICA

As primeiras protestas contra o plus de altos cargos chegan até San Caetano

Delegados da CIG concentráronse diante da sede central da Xunta para pedir a derrogación dos sobresoldos e reiteraron a disposición a impulsar unha iniciativa lexislativa popular.

Redacción - 17:20 26/09/2007

O sindicato nacionalista anunciou este mércores que vai seguir loitando para que se anule o novo complemento salarial para cargos políticos que sexan funcionarios. Nunha concorrida protesta celebrada diante da sede central da Xunta en San Caetano, anunciaron que, de non dar froito as conversas cos partidos políticos, a central está decidida a recoller sinaturas para presentar unha iniciativa lexislativa-popular no Parlamento.

A CIG sostén que a última reforma que se contempla na Lei de Función Pública consagra un privilexio que consideran inxusto: “Os funcionarios e funcionarias ex altos cargos obteñen de por vida un complemento de destino de 14.721 euros anuais (o estabelecido para os directores xerais), que incrementa en 3.000 euros o máximo nivel de complemento de destino existente na carreira administrativa”.

Manifesto de protesta

No manifesto lido diante das dependencias da Xunta sublíñase que “o correcto sería aproveitar a Lei de Función Públcia para rebaixar os privilexios dos funcionarios e funcionarias que ocuparon cargos de designación política, como o seu sistema acelerado de consolidación do nivel 30 (11.721 euros) polo simple feito de desenvolver un alto cargo durante dous anos continuados ou tres con interreupción”. Dende a CIG critican que lonxe de recurtar privilexios, “aínda se aumenta o complemento 3.000 euros máis”.

Dende o sindicato afirman que a medida tamén é “discriminatoria, inxusta e desproporcionada en relación con todos os cidadáns que non son funcionarios públicos e nalgún momento da súa vida desenvolven cargos públicos ou de representación política; ou co resto da clase traballadora, para os que 14.721 euros representan máis ca o seu salario anual”


5/5 (14 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: