Abrirá o concurso acompañado pola Orquestra Nacional Clàssica d’Andorra, a mesma que acompañou a Carlos Núñez.
O Primer Palau é un concurso para novos intérpretes que inclúe como premio aos gañadores a actuación no concerto de clausura da edición seguinte e favorece a súa inclusión no circuíto musical catalán. Así ocorreu en 2005, cando o Cuarteto Quiroga acadou este premio o ano 2005, ao que lle seguirían numerosos concertos en Cataluña. A edición de 2006 gañouna o pianista Francesco Tristano Schlimé.
Ciclo El Primer Palau
Xoán Elías Castiñeira, piano, Isabel Villanueva, viola, Gemma Corrales, flauta, Carlota Amargós, violín e Orquestra Nacional Clàssica d’Andorra.
Dir. Marzio Conti
Programa: Concerto para viola e orquestra en Do menor de Bach, Concerto para piano e orquestra en Mi bemol maior, K 271 “Jeunehomme” de Mozart, Balada para flauta e orquestra de Martin e Concerto para violín e orquestra de Kavalevski.
Mércores 26 de setembro de 2007 ás 19:30
Sala de Concerts, Palau de la Música
c/ de Sant Francesc de Paula, 2 | 08003 Barcelona
10 €