Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tempos Novos

Xestionado por Tempos Novos
RSS de Tempos Novos
SEN CORSÉ

Como herba mollada

Un relato erótico de Andrea Álvarez Pino ilustrado por Francisco López Riopedre.

TEMPOS Novos - 17:06 30/08/2007

pelo mollado.
aínda núa.
limpa de soños
pinto a raia do ollo cun Camel ladeado na boca.
na parede un poderías ser adicta a case todo.
a cama inmensa suada de libros.
linguapedalacelerador
                        e baleas corréndome entre as pernas.

        princesa triste de serie B pinga aceite en latas de conserva.

        Pel de asfalto.
        Súa.
        Coma un día de calor.
        Contra as paredes do baño.

        (Cando foi a última vez que comín algo?)

Cartográfome nos espellos da casa. Hainos de todos os tamaños, colgados por todas partes,
        porque me gusta pasearme espida entre todas as mulleres,
        sen versión orixinal,

espialas por detrás
beber. nos. orificios de entrada e de saída
cuspirlles agosto nas axilas.

        (Lembrar que non me quero)

Mulleres monstras fan de min un campo de minas. A cambio, déixolles o alento tatuado nos brazos as que tremen ben abertas corazóns de grande cilindrada alianzas herba-metal cabalos.

        paisaxe en descomposición.

                                Pornografádeme as mans.
                                Esquecede a fame.
                                Mirádeme os dedos,
                                            como me traballan.

Desfacerse nos espellos..

Coloquei un ben grande na cociña para verme meter o índice e o corazón no tarro da marmelada.
Aí,
                            nos baixos fondos,
                                                            contrabando de fluídos, tráfico de palabras sucias.

        Hai unha muller núa apoiada na porta da neveira.
        Brazoscomapalancasdecambio.
        Es ti-eu. Ela.

        Pero o reflexo é imperfecto.

        (Estou gorda)

Mírote de esguello e atópote lambendo nas feridas, contando unha a unha as escamas. Dígoche que veño estrangularche a alma aos poucos e ti énchesme de mans e de bicos, acaríciasme o ventre, báilasme na boca.

        Onde estás cando máis te necesito?

E ela chora. Sabe que gardo miróns nas alacenas, polaroids en bolsas de lixo.
Fálolle, cántolle. Sorpréndoa metendo 1ª cos dentes mentres as súas pernas se desatan, un pé no sal e o outro nas laranxas.

        (Cando todo isto acabe prometo comer pastel de chocolate)

O primeiro café da mañá empeza a subir. Sinto que me ferve no peito, está a piques de saírselle polos ollos. E as dúas queremos morrer, xa ves.. demasiada calor.

A muller da neveira xa deixou de chorar. O amor médralle nos sobacos, enrédaselle na traquea e nos pelos do embigo. Anímase a improvisar. Con dous dedos ábreme, e sórbeme toda por dentro para incharse da tenrura que me desgarra, a única preñez que lle dá pracer. Con dous dedos.

        (...)

        facémolo en silencio como herba mollada
        soprámonos aí moi lento,
        ate baleirarnos desta chuvia,
        e queremos bebernos o aceite,
        comernos os dedos,
        facernos á prancha.

Relato publicado na edición impresa de TEMPOS Novos (nº 123, agosto de 2007)


4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: