Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O GRUPO ELOGIA FAISE CO 100% DAS ACCIÓNS

A maior axencia de publicidade en liña de Galiza mercada por unha firma catalana

Galiciabanner pasarase a chamar Elogia Media a partir de 2008 e ampliará o seu cadro de persoal en Vigo

M.V. - 09:11 24/08/2007
Logo do grupo catalán

Logo do grupo catalán

A principal axencia de publicidade en liña do país, Galiciabanner, acaba de ser mercada polo Grupo Elogia, unha compañía de marketing baseada en Barcelona. Elogia traballa tanto no mercado peninsular (ten oficinas en Lisboa, Barcelona, Madrid e Vigo) como en Hispanoamérica (está presente en México D.F., Monterrey e Buenos Aires).

Galiciabanner remitiu un comunicado aos seus clientes no que asegura que o cambio de dono non suporá cambio algún no seu funcionamento. É máis, promete vai potenciar o seu cadro de persoal ao incorporar aos traballadores da oficina de Elogia en Vigo. Iso si, a partir de 2008 Galiciabanner pasará a chamarse Elogia Media.

Unha das dez primeiras axencias do Estado

A axencia galega traballa coa maioría dos principais portais e medios de comunicación electrónicos do país como, por exemplo, Vieiros, Chuza! ou La Voz de Galicia, entre outros. Galiciabanner é, segundo datos da propia empresa, unha das dez primeiras axencias de publicidade en internet do Estado.

O Grupo Elogia naceu en 2004 a través da fusión de varías compañías de marketing con oficinas en Madrid e Barcelona. Ademais de publicidade en internet, a empresa ofrece outros servizos como solucións de comercio electrónico, gabinete de prensa, posicionamento de marca e aloxamento web.


3.57/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: