Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PPdeG pide que o aparten da xestión municipal

Acusan de vertidos incontrolados a un concelleiro socialista en Portomarín

Os populares aseguran que os lodos industriais botáronse en terreos comunais e solicitan a intervención de Medio Ambiente.

Redacción - 09:30 17/08/2007

Os vertidos foron seguidos polo Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil, o Seprona, que informou ao respecto á Consellaría de Medio Ambiente por se houbera lugar a denuncia por incorrecta xestión de lodos ou carencia de documentación.

Desde o PPdeG opinan que os vertidos son ilegais e que alén de facérense en terreos propiedade do propio concelleiro socialista tamén se realizaron en montes veciñais en man común no lugar de Vilaxuste. Os populares documentaron a súa propia denuncia con fotos onde aseguran que se constata a presenza de "numerosas balsas con lodos de depuradora mesturados cos puríns de cabana gandeira" e acusan o concelleiro socialista dunha práctica "irregular" con elevado "risco ambiental para a saúde pública e o medio ambiente".

Pola súa banda, os socialistas rexeitan as acusacións, aseguran que os permisos para os vertidos están en regra e atribúenlle a denuncia do PPdeG á recente derrota nas urnas no Concello de Portomarín, gobernado durante anos polos populares e agora baixo a dirección dunha alcaldesa do PSdeG.


1.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: