Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Recoñece a "falta de cambios" no partido

Feijoo ve na caída do PPdeG no rural a oportunidade para a "renovación"

Coa reafirmación de poder para a dirección do PPdeG que a marcha de Cacharro evidenciou estes días, Alberte Núñez Feijoo aproveita para recoñecer a pouca ambición do seu partido na renovación das listas.

Redacción / Europa Press - 09:30 10/08/2007

"Habería que buscar un revulsivo, e non só no encabezamento, tamén nos concelleiros", recoñeceu o presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo, en declaracións para Europa Press. Feijoo avaliou que a caída en apoios no rural que sufriu o PPdeG nas últimas eleccións municipais deberíase a unha "falta de renovación" nas listas e admitía que "non se introduciron os cambios que criamos que se tiñan que facer". De paso, Feijoo tamén aproveitou para destacar que na súa opinión a división entre boinas e birretes no PPdeG "é unha historia pechada", asegurando que agora mesmo só existe "unha sensibilidade, que é a da modernización de Galicia dende un galeguismo constitucional".

Referiuse por exemplo aos rexedores que acumulaban varios lustros no cargo e indicou que ese tipo de circunstancias "provocan fatiga no electorado". Así, Feijoo opina que o electorado optou por "caras novas" e laiouse de que a súa formación non fixese "as actualizacións necesarias". Así e todo, acusou tamén da perda de posicións do PPdeG ao "uso dos medios de comunicación" que na súa opinión fan PSdeG e BNG para "capturar votos en sociedades máis pechadas". Por outro lado, afirmou que o retroceso dos populares "non é tanto electoral como de ostentación do poder", queixándose de que a perda da maioría absoluta facilitou a coalición de socialistas e nacionalistas.

Doutra volta, o ex alcalde de Vilalba e deputado lugués Agustín Baamonde, sumábase este venres ao trebón de críticas ao ex presidente da deputación, Francisco Cacharro, ao que cualifica de "morto vivinte". Segundo Baamonde, Cacharro converteuse nun "cadáver político" capaz de "dar algún susto" pero movéndose "máis no terreo fantasmagórico que outra cousa".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: