 
O grupo artístico Rough Company levan o mércores á galería Fabrica de Brighton unha montaxe baseada no libro editado en 1994.
Xelís de Toro e o seu grupo artístico Rough Company presentan o mércores na galería Fabrica, da cidade británica de Brighton, a súa instalación-performance Terminal. A montaxe multimedia está baseada no libro do mesmo título publicado en 1994 en Edicións Positivas. A peza estreouse hai doce anos na Universidade de Oxford, nun encontro artístico en Bélxica e na compostelá Sala Nasa. 
  Agora, a nova performance vai contar con novos artistas e seguirá investigar as fronteiras no tempo e o espazo. Tanto a instalación coma o libro recrean unha terminal de viaxeiros, un punto de cruce, encontro e despedida onde a xente trata de entender e facerse entender.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto