Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Vacacións en Galiza do ex presidente

Fraga volve co Albariño

Coma "o máis fiel e leal albariñense, que contribuíu a engrandecer esta festa", definiu a Manuel Fraga o alcalde de Cambados, Xosé Manuel Cores.

Redacción - 09:30 06/08/2007

Coma en anteriores ocasións, os actos da Festa do Albariño, en Cambados, serviron á vez para xuntanza e exaltación do contorno político popular, formación que reúne entregados seguidores deste evento.

Á cabeza dos convidados estivo o ex presidente da Xunta, Manuel Fraga, quen encabezou os actos centrais da festa na súa condición de Gran Mestre do Capítulo Serenísimo do Albariño. Fraga dixo sentirse honrado de presidir outra vez este acto despois de deixar "por razóns diversas as miñas funcións", en referencia ao seu pasado á fronte do Goberno e destacou unha festa que "cada ano vai a máis" contribuíndo a estender "a fama do albariño". No transcurso do acto houbo algúns apupos contra a comitiva popular, integrada ademais de polo rexedor cambadés e Manuel Fraga, polo presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo, a deputada do PP en Madrid, Ana Pastor, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.

Por outra parte, na súa intervención, o novo presidente do Consello Regulador, Xosé Ramón Meiriño, referiuse á que considerou como "a mellor colleita de toda a historia do albariño", destacando o incremento nun 40% da produción, coa recollida de máis de 30 millóns de kg de uva.


2,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: