Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
O lago dos despropósitos

ADEGA esixe a demolición do encoro do Umia

ADEGA sempre expresou, dende que se coñececeu o proxecto desta infraestrutura, a súa postura radicalmente contraria a súa construcción por insustentábel e insolidaria. O proxecto naceu xa cun feixe de irregularidades e ilegalidades, agravadas pola actitude prepotente do daquela conselleiro, Sr. Cuíña. A realidade dos últimos anos veunos dar a razón: o encoro é unha fonte inesgotábel de problemas: Enchentas, algas tóxicas... DEMOLICIÓN XA!

ADEGA - 11:47 20/07/2007

Eis algunhas razóns polas que nunca se debeu construir:
-O Estudo de Impacto Ambiental era copia literal doutro proxecto de Andalucía. Nin se molestaran en cambiar o nome dos pobos (Puebla de Guzmán en vez de Caldas de Reis) nin das especies animais (meloncillo, buitre negro‚Ķ).
-O obxectivo da presa estaba falseado: abastecer de auga ao Salnés supoñendo que ía a multiplicarse varias veces a poboación actual.
-A motivación de urxencia era ilegal e asi o declarou tanto o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, como o Tribunal Supremo en sucesivas sentenzas.

Así non foi de estranar que o daquela Conselleiro Sr. Cuiña inaugurara as obras ás oito da mañán, para evitar a protesta dos veciños, xa que a oposición social foi outra das características deste proxecto. Polo tanto ás ilegalidades anteriores debemos engadir o agravante da nocturnidade.

A realidade, por desgraza, dounos a razón. O encoro non resolveu ningún problema:
-O do abastecemento porque non existía (de feito non está conectado a ningunha rede de abastecemento).
-O das inundacións da vila de Caldas, porque no proxecto non se recollía este obxectivo, aínda que logo a Xunta o utilizara como escusa para intentar frear a oposición social.

Pola contra, o único que creou este encoro, ademáis dun grave impacto ambiental, foi un problema moi severo que nunca antes existira: diminuiu a calidade da auga no encoro e río abaixo dende que se pecharon as comportas, con varios episodios de augas en mal estado, turbias ou con cheiros desagradábeis. Nos últimos tempos o problema agravouse pola presenza da alga Microcystis aeruginosa, tóxica para as persoas e que provoca que a auga non sexa apta para o consumo doméstico.

En definitiva, que onde non había problema creouse un, e ademáis cun custo ambiental, social e económico moi elevado. E non esquezamos que a obra fíxose con fondos públicos.

Para ADEGA o problema non é se tirar ou non a presa, -temos claro que sí- senon que de novo sexan os cartos de todos e todas os que teñan que usarse para este fin.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: