Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEFENSA DO PATRIMONIO

O Premio de Arquitectura Xosé Henrique Rodríguez Peña distinguirá os mellores traballos de rehabilitación

O galardón nace cando está a piques de cumprirse un ano da morte do político e arquitecto ourensán.

Redacción - 12:41 17/07/2007
O premio lembra a figura de Rodríguez Peña, finado en agosto do ano pasado

O premio lembra a figura de Rodríguez Peña, finado en agosto do ano pasado

Cando está a piques de cumprirse o primeiro cabodano da morte de Xosé Henrique Rodríguez Peña, a Fundación Galiza Sempre, coa colaboración da Consellaría de Vivenda, veñen de crear un premio na súa memoria. Con este galardón, dotado con 6.000 euros e de periodicidade bianual, quérese lembrar o traballo do arquitecto e político ourensán.

O premio nace co obxectivo de promover a difusión do valor do patrimonio do país e propiciar o debate arquitectónico. O xurado terá moi en conta a harmonía entre a obra rehabilitada e o territorio. Nesta primeira edicion o prazo de presentación das candidaturas está aberto até o último día de outubro.


4,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: