 
 
Desde as súas orixes, no século X, até a actualidade, deseñouse unha visita "virtual" pola evolución histórico-arquitectónica do Mosteiro de San Rosendo.
O proxecto segue as tres fases definidas no desenvolvemento do que na actualidade está considerado un importante monumento histórico do patrimonio artístico de Galiza.   
  
  Recrea o que sería o proceso de construción do primeiro conxunto de edificacións na zona, até a posterior construción da inicial igrexa medieval, xunto coa capela de San Miguel. Por último, chega até o edificio actual reparando no mosteiro románico intermedio. Virtualmente, pode seguirse en detalle a evolución histórica desde que xurdiu a obra en paralelo ao desenvolvemento do centro urbano de Celanova até conformar a vila actual.   
  
  De paso que se realizaba o estudo arquitectónico que documentou as fases iniciais do edificio, a que decorre entre os séculos X e XVI, os historiadores repararon nalgúns detalles importantes. De feito, segundo o equipo que realizou o traballo, o mosteiro de Celanova nunca fora obxecto até o de agora de estudos históricos a fondo sobre o terreo polo que, por exemplo, descoñecíase a localización exacta das vellas igrexas. Ao fío, a colaboración das universidades de Santiago e Vigo levou á creación dun equipo de arqueólogos e historiadores que programou varias sesións de traballo a pé do mosteiro.   
  
  Máis información na web Celanovavirtual.com.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto