Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Opinas ti

"Que nome lle poñemos ao hospital Juan Canalejo?"

Na altura de 2007, o hospital coruñés recibe aínda o nome dun antigo xefe falanxista. No OpenVieiros propoñen mudarlle xa a denominación.

Redacción - 10:30 10/07/2007

"Compre cambiarlle dunha vez o nome a este hospital! Para cando unha campaña de presión? Algunha idea para novo nome?". Así o expón o internauta Herculino no OpenVieiros. Convidámosvos a opinar.

Recordade que a ferramenta permite que calquera de vós poida iniciar un debate. Calquera internauta rexistrado pode propoñer asuntos para a discusión. De xeito moi simple, con só premer no apartado "Iniciar debate" un formulario pídevos un título, afirmación ou pregunta, e unha breve explicación. Automaticamente, a proposta de discusión aparece visíbel para o resto de participantes.


4,33/5 (18 votos)