Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Rebeca Rodríguez e Marta Salgado levan os premios

Camisolas con premio

Unha peza de roupa cóntanos unha historia sobre unha xoaniña, a outra inclúe un adminículo moi "sofisticado" para provocar o riso. Son as gañadoras do certame de deseños sobre camiseta 100% Algodón.

Redacción - 10:00 02/07/2007
O botón da risa, de Marta Salgado, o segundo

O botón da risa, de Marta Salgado, o segundo

Acrílicos, agulla, fíos, botóns, serigrafías, pero sobre todo, moita creatividade para expresaren sobre a tea o seu xeito de ver a vida. As gañadoras da segunda edición de 100% Algodón tíñano claro: a sinxela camiseta da luguesa Marta Salgado Iglesias, realizada con acrílico e costura e co título O botón da risa, convídanos a premer un botón máxico para facela rir, e valeulle o segundo premio, de 300 €.

Eva Xoaniña
, presentada pola viguesa Rebeca Rodríguez González, levou o primeiro premio, dotado con 600 €. É un deseño xa máis complexo, que abrangue dianteira e traseira da camisola, e traballa con serigrafía, costura e mesmo un pequeno texto.

O xurado estivo formado polos deseñadores Eliseo Álvarez, Bugui García e Begoña Rodríguez, e pola xornalista Teresa Barberena. Houberon de escoller entre 29 camisetas, dos máis variados estilos e técnicas. As camisetas están expostas até o 24 de xullo de 2007 na sala de exposicións do Centro Cultural Municipal do Porriño, e poderemos ilas vendo ao longo do mes no blog da asociación Arela. Se cadra collemos inspiración para a próxima edición, ou, malia non presentármonos, igual se nos ocorre como reciclar algunha camiseta vella para lucila no verán.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: