O grupo galego recunca de novo nas terras catalás, onde estivera xusto antes dunha pequena parada.
A anovada tripulación de Lamatumbá volve coa mesma nave a Catalunya, desta vez ao festival que ten a marca rural do xabarín catalán no seu nome -o porc senglar. O grupo estivera o mes de febreiro no Entroido da vila catalá de Solsona, xusto antes dunha pequena parada técnica, e actuará de novo nestas terras, que visita con frecuencia, o mes de agosto: o martes 14 en Moia e o sábado 18 en Castellbisbal.
O Senglar Rock chega este ano a súa décima edición, e logo de estar ubicada en Prades e en Montblanc, este é o terceiro ano que se celebra en Lleida. Dentro do amplísimo elenco de grupos que pasaran polo Festival entre o 28 e o 30 de xuño, están os xa clásicos metálicos brasileiros de Sepultura e os espectaculares e indescritíbeis portugueses Blasted Mechanism.
Senglar Rock 2007
Concerto de Lamatumbá
Sábado 30 de xuño, 2:30 h
Escenario Montblanc