Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PADECÍA O MAL DO AMIANTO

O primeiro secretario xeral de CC.OO-Galicia morre a causa dunha enfermidade laboral

O ferrolán Manuel Amor Deus, de 66 anos, era un sindicalista histórico de Bazán.

Redacción - 14:10 26/06/2007
Amor Deus foi un dos promotores de CC.OO-Galicia

Amor Deus foi un dos promotores de CC.OO-Galicia

A contaminación por amianto puido ser a causa máis probábel da morte de Manuel Amor, que sufría un cancro dende hai tres anos. De feito, o sindicalista estaba de baixa dende 1992 cando lle diagnosticaron que estaba contaminado. Os últimos anos dedicounos a denunciar publicamente esta doenza laboral que afectou a numerosos traballadores dos asteleiros.

Manuel Amor ingresou como aprendiz en Bazán con só 14 anos. A mediados dos sesenta entra en contacto co Partido Comunista de España (PCE) e con CC.OO, logo da morte de dous compañeiros nun accidente laboral. As masivas detencións de sindicalistas nos primeiros 70 convertérono nun dos referentes de CC.OO. A súa actividade política supúxolle o despido e o posterior ingreso na cadea. En xuño de 1978 participa na fundación de CC.OO-Galicia e convértese xa en secretario xeral, cargo que ocupou durante 10 anos.


4.5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: