Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
En Compostela, do 20 ao 24 de xuño

Un espazo para mergullarse nas novas tecnoloxías

O aparcadoiro de autobuses de Salgueiriños acolle a carpa do Espazo Avanza, un evento itinerante que está a percorrer as 17 Comunidades Autónomas para achegar á cidadanía os últimos avances da tecnoloxía e da cultura dixitais.

Redacción - 12:58 20/06/2007
O interior da carpa

O interior da carpa

Videoxogos, inchábeis, obradoiros e experimentos cos últimos avances son algúns dos divertimentos que se poden atopar na carpa. O seu obxectivo é dinamizar e capacitar aos cidadáns nos usos e vantaxes das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC), no marco do Plan Avanza para o desenvolvemento da Sociedade da Información, posto en marcha polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. Pódese acceder libremente á carpa de 12.00 a 22.00 ao longo dos catro días, e pódense concertar visitas e sesións de formación para grupos específicos a través do teléfono 902 419 902.

Neste recinto pódense atopar recursos como portais da Administración para axudas e orientación profesional, ou servizos públicos con acceso a través de Internet, ademais de información útil (por exemplo sobre os préstamos tecnolóxicos para a adquisición de ordenadores e conexión de banda). Na parte posterior da carpa hai unha aula móbil para la realización de sesións formativas e informativas sobre aspectos clave da Sociedade da Información: seguridade informática, protección da infancia en Internet, ferramentas de xestión empresarial, usos da tecnoloxía nas aulas, etc.

Un mini espazo Wii, con dúas pantallas LCD, dúas consolas, xogos interactivos, conexión a internet e edición de fotografías dixitais, un espazo Nintendo DS Lite, con dúas pantallas con interactividade mediante pantalla táctil, comunicación sen fíos e xogos para todas as idades son algunhas das moitas posibilidades para pasalo ben no Espazo Avanza. No exterior instaláronse outras tres actividades: un espazo Wii, un futbolín humano e unha pista de baloncesto.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: