Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Cun orzamento de 200.000 euros

Cultura apoiará a tradución dende e para o galego

Quere darlle pulo á presenza da nosa literatura noutros mercados editoriais, e tamén achegarlle aos lectores e lectoras de Galiza obras universais.

Redacción - 12:40 13/06/2007

A Consellaría de Cultura contribuirá á tradución de obras literarias dende e para o galego, con 95.700 euros este ano 104.300 para o seguinte. Deste xeito quere incentivar a exportación da nosa produción literaria a mercados exteriores noutras linguas, e posibilitar que o lectorado galego dispoña de obras de referencia e de actualidade noutras literaturas.

Estas axudas diríxense ás editoriais, para que cobren o 50% e o 75% dos gastos de tradución para o galego dende outras linguas, cun límite de 6.000 euros. No caso de obras galegas mantense o mesmo limiar, pero cuantifícase de xeito diferente: entre 20 e 30 euros por páxina, de ser a lingua de destino algunha das faladas na Península, e entre 25 e 50 euros para as restantes. Os criterios de avaliación dos proxectos serán, sobre todo, a calidade e o interese das obras e o seu uso nas bibliotecas públicas. Tamén se terán en conta os casos especialmente importantes culturalmente, pero con pouca demanda comercial.

O tecido editorial galego aposta cada vez con máis forza pola tradución: dende proxectos que nacen co fin específico de importar a literatura universal á nosa lingua, como Rinoceronte Editora, até iniciativas para achegar a literatura europea de maior actualidade aos nosos fogares, como a colección Biblioteca Compostela, promovida pola Editorial Galaxia e a Concellaría de Cultura compostelá. Xerais tamén lanza, na colección As literatas, a posibilidade de lermos obras de referencia na literatura feminista ou na escrita por mulleres na nosa lingua.


Documentos

5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: